Ir o contido principal

Renata Otero presenta na Universidade o seu libro 3...2...1...

A artista Renata Otero presenta en primicia este venres 3, ás 12.00 horas na Igrexa da Universidade e no marco da exposición Procesalia, o seu libro 3...2...1... no queconstrúe un conto para adultos en torno á idea da crise como unha oportunidade para o avance persoal. No volume de serie limitada, froito da improvisación gráfica e literaria, Renata Otero comparte un documento inédito onde fala, de novo, en primeira persoa para mandar unha mensaxe positiva. Renata Otero Ramallal é unha creadora multidisciplinar e a súa obra inscríbese na autorreferencialidade desde hai xa 15 anos en traballos próximos ao diario, á crónica persoal, o autorretrato o a autobiografía e desde disciplinas tan diversas como a pintura, a fotografía, a banda deseñada, o vídeo, a literatura, a performance, a escultura, a arte sonora ou a instalación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.01.2014.