Ir o contido principal

RENFE ofrece descontos nos seus traxectos aos asistentes a eventos que organice a USC

O acordo asinárono o reitor (á dereita) da Universidade de Santiago, Senén Barro, e o xefe comercial da Área de Negocio Norte da Dirección Xeral de Servizos de Alta Velocidade- Longa Distancia de...
O acordo asinárono o reitor (á dereita) da Universidade de Santiago, Senén Barro, e o xefe comercial da Área de Negocio Norte da Dirección Xeral de Servizos de Alta Velocidade- Longa Distancia de...
A operadora ferroviaria promociona ademais o billete Inter Rail entre a comunidade universitaria

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, e o xefe comercial da Área de Negocio Norte da Dirección Xeral de Servizos de Alta Velocidade- Longa Distancia de Renfe, José Manuel Gómez, renovaron hoxe en San Xerome o acordo polo que a USC colabora coa operadora ferroviaria na promoción entre toda a comunidade universitaria do servizo Inter Rail.
Nesta liña de cooperación, Renfe cede á USC 6 Inter Rail Global para o seu posterior sorteo e ofrecerá nos seus trens billetes por un valor de 1.300 euros para a súa utilización pola institución docente. Ademais, a compañía ferroviaria facilitará a inclusión na súa revista Paisajes desde el tren daquelas ofertas ou publicacións de divulgación turístico-cultural propostas pola USC.
Outros descontosA operadora ferroviaria ofrece tamén descontos nos billetes de ida ou de ida e volta a todos os asistentes a feiras, congresos e exposicións organizados pola USC. As reducións no prezo oscilan entre o 25% nos trens de Alta Velocidade e o 30% para os de Cercanías, Media Distancia e Longa Distancia.
Por outra banda, Renfe reducirá as súas tarifas para potenciar programas e paquetes turísticos a comercializar por axencias de viaxe maioristas que teñan como destino o ámbito da USC e que estean promovidos ou avalados por esta, ademais de crear tarifas de grupo para os trens de Longa Distancia de Galicia para percorridos superiores a 300 quilómetros e en días de baixo tránsito, ás que se poderán acoller todos os membros da USC.
O acordo xustifícase polo especial interese da Universidade no fomento do turismo entre os novos en colaboración con outras entidades, públicas ou privadas, para mellorar a formación integral da xuventude a través do coñecemento doutras culturas e sociedades.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.09.2007.