Ir o contido principal

Renovado por un ano o convenio para a continuidade do CITT do Campus de Lugo

Participaron na reunión os representantes das entidades que asinaron o convenio
Participaron na reunión os representantes das entidades que asinaron o convenio
As entidades asinantes achegarán á USC un total de 57.094 euros para o seu mantemento anual

As cinco entidades que conforman a Comisión de Seguimento do Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía (CITT) do Campus de Lugo acordaron este mércores a renovación do convenio para o seu financiamento un ano máis, coa mesma achega que o ano pasado, 57.094 euros.
Na reunión, celebrada na Vicerreitoría de Coordinación do Campus lugués, estiveron representantes das entidades asinantes, Caixa Rural, Deputación Provincial, CEL e Cámara de Comercio así como o vicerreitor, Carlos Herrero.
Durante a reunión, a USC deu conta do resultado económico do centro, onde os fondos recadados ascenderon a 6.854.631 euros, sen contabilizar as subvencións habituais de proxectos europeos e de fondos FEDER. Así mesmo, explicaron que nesta anualidade foron contabilizadas un total de 209 actividades.
Este convenio vense renovando ano a ano dende 1995 cando comezou a súa andaina co apoio do contorno económico e social lucense representado pola CEL, a Cámara e Caixa Rural.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.01.2008.