A representación de ‘Sweeney Todd, o barbeiro diabólico da rúa Fleet’ enche o Salón Teatro nas súas tres postas en escena

A montaxe volverá a Santiago a mediados de febreiro
O estreo da última produción da Aula de Teatro da USC, ‘Sweeney Todd, o barbeiro diabólico da rúa Fleet’, obtivo nas tres representacións celebradas esta semana o respaldo do público xa que 801 persoas ocuparon as butacas do Salón Teatro nas distintas funcións programadas. A posta en escena da adaptación do libreto de Sondheim con música en directo da man do Espazo de Cámara da USC, propiciou que se esgotaran todas as entradas previstas e mesmo que moito público interesado quedara fóra. A montaxe volverá a Santiago no vindeiro mes de febreiro os días 16 e 17, no Teatro Principal.