Ir o contido principal

Un representante da Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da OCDE ofrece un relatorio na EPS

O experto da Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural con responsabilidades na oficina de Relacións Institucionais da Organización para Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE) Mark Rowan Cropper, ofrecerá este xoves, a partir das 12.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo da USC, un relatorio no marco do programa formativo do Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio. Na súa intervención, Rowan Cropper, fará unha exposición sobre os cometidos da OCDE en diversos asuntos relacionados coa agricultura, o desenvolvemento rural, a mobilidade de terras agrarias ou, nun contexto máis amplo, sobre a administración de terras en xeral.

O obxecto desta sesión formativa é, ademais de achegar información a investigadores e profesores do Máster Terra, tender pontes entre a referida oficina da Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento da OCDE e as titulacións de grao e posgrao ofertadas pola USC na Escola Politécnica Superior de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.03.2015.