Ir o contido principal

Representantes da Comisión de Intercambio de Vacacións PAS de 18 universidades reúnense este mércores en Lugo

Os representantes da Comisión de Intercambio de Vacacións PAS da USC e doutras dezasete universidades españolas reuniranse este mércores 14 ás 19:30 horas na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para proceder ao sorteo das prazas convocadas polo programa para este verán.
A presente convocatoria oferta prazas en residencias das universidades de Alacante, Barcelona, Cádiz, Extremadura, Girona, Granada, Illas Baleares, León, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, Salamanca, Sevilla, Tarragona, Valencia, Vigo e Zaragoza.
O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, e o vicexerente do Campus de Lugo e da Área Económica da USC, Xosé Antón Freire, recibirán aos máis de corenta asistentes a esta xuntanza.
A USC leva máis de vinte anos na Comisión de Intercambio de Vacacións PAS, que favorece o aproveitamento das instalacións das residencias universitarias que quedan baleiras nos meses de verán por parte do persoal PAS funcionario e contratado laboral e das súas familias, en quendas de sete noites.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2010.