Ir o contido principal

Representantes da Embaixada do Brasil en España visitaron a Universidade de Santiago

Os conselleiros de Cultura e de Promoción Comercial da Embaixada do Brasil en España, José Luis Vieira e Tarcísio Costa, respectivamente, reuníronse este luns en San Xerome co reitor da USC, Senén Barro, e o vicerreitor de Cultura, Elías Torres.
A visita enmárcase nunha serie de contactos que os representantes brasileiros están a realizar en Galicia con autoridades do mundo da política, pero fundamentalmente do turismo, da industria e da cultura, para tratar de establecer un marco de cooperación estable entre a Universidade de Santiago, Galicia e o mundo brasileiro.
A creación desta estrutura iniciouse xa no verán de 2005, cando un grupo de profesores da USC organizaron o VIII Congreso da Associaçao Internacional de Lusitanistas, ao que acudiu, entre outros altos representantes, o embaixador de Brasil en España, José Viegas Filho.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.03.2008.