Ir o contido principal

Representantes de sete universidades latinoamericanas visitaron as instalacións do Campus de Lugo

Representantes de sete universidades latinoamericanas visitaron as instalacións do Campus de Lugo
Representantes de sete universidades latinoamericanas visitaron as instalacións do Campus de Lugo

Representantes das universidades latinoamericanas integradas no consorcio Lote 18 do programa Erasmus Mundus-External Cooperation Windows (EMECW) visitaron o pasado venres diversas instalacións universitarias do Campus de Lugo nas que estaban especialmente interesados.
Os visitantes, que representaban a sete universidades de Arxentina, Bolivia e Perú, puideron coñecer de primeira man o traballo que se desenvolve a diario no Hospital Veterinario Rof Codina da Facultade de Veterinaria, no edificio CACTUS e no laboratorio da madeira da Escola Politécnica Superior. Todos eles coincidiron en manifestar que esta visita lles permitirá explicar mellor aos seus alumnos as importantes oportunidades de estudo e investigación que as instalacións do campus lugués ofrecen no ámbito das ciencias veterinarias, agroalimentarias e forestais.
O consorcio EMEECW-Lote 18 está integrado por un total de 20 universidades, 9 europeas e 11 latinoamericanas, de recoñecido prestixio internacional e que contan cunha dilata experiencia na xestión de programas de mobilidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.02.2010.