Representantes de universidades europeas e marroquís reúnense en Santiago no marco do proxecto MonProg

A Universidade de Santiago de Compostela acolle esta semana a terceira reunión do proxecto MonProg, que ela mesma coordina. Trátase dunha iniciativa Tempus que busca reforzar a capacidade das universidades de Marrocos para participar na investigación internacional, a formación e a innovación a través da creación e o fortalecemento das súas estruturas.
En concreto, trata de mellorar a proxección internacional das universidades marroquís reforzando a súa participación en proxectos e desenvolvendo as súas capacidades de montaxe, seguimento e xestión vía transferencia do coñecemento.
Monprog confórmano un consorcio de cinco socios europeos (Universidades de Santiago, Murcia, Degli Studi di Messina (Italia), Aix Marseille e Nantes (Francia) e oito marroquís (Universidades Sidi Mohammed Ben Abdellah de Fès, Abdelmalek Essaâdi de Tétouan, Mohammed Premier d’Oujda, Ibn Tofail de Kénitra, Chouib Doukkali d’El Jadida, Ibn Zohr d’Agadir e Sultan My Slimane de Beni Mellal, ademais do Ministerio de Educación Superior e Investigación científica de Marrocos).