Ir o contido principal

A residencia Jesús Bal y Gay celebra este xoves o acto de imposición de becas e a entrega de premios de fotografía dixital

A residencia universitaria Jesús Bal y Gay da USC celebra este xoves, a partir das 21.00 horas, o acto de imposición de becas aos residentes con tres anos de antigüidade no centro, no marco dunha sesión na que tamén se formalizará a entrega dos premios aos gañadores/as do concurso de fotografía dixital ‘A primavera chegou a Lugo’.

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, será o encargado de abrir este acto, no que tamén intervirán o director da residencia universitaria Jesús Bal y Gay, Xesús Feás; o subdirector do devandito centro do Sistema Universitario de Residencias da USC, Javier Prieto Pérez, así como Javier Otero Pérez, que actuará en representación dos e das estudantes. A celebración deste acto de imposición de becas aos residentes máis antigos será tamén o marco escollido para a laudatio e imposición da beca de honra ao vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, e á vicexerenta da sede universitaria luguesa, Carmen Varela. Asemade, tamén se fará a entrega dun diploma que acredita a súa estadía na residencia universitaria Jesús Bal y Gay á profesora de intercambio Shuang Lin. Unha vez rematada a quenda de intervencións, o vicerreitor Pedro García Herradón procederá á clausurar a sesión, que chegará ao seu fin coa entoación do Gaudeamus Igitur.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.04.2014.