A Residencia Monte da Condesa inicia unha nova edición da súa Quincena das Artes
A Residencia Monte da Condesa inicia este luns 26 a Quincena da Artes, unha iniciativa que xa se ten convertido nun clásico deste centro e que se vai estender ata o próximo 9 de maio cun dos programas de actividades máis extenso dos últimos anos.
Así, os residentes poderán participar en campionatos de billarda, ping-pong, de Mario Kart, buscaminas, tetrix, karaoke, pinball 3D ou Guitar Hero, entre outros. Fronte ás propostas máis tecnolóxicas, a programación tampouco esquece as máis tradicionais con competicións de brilé, escondite, ou o xogo das cadeiras e outras alternativas como a hípica ou o puenting.
Xunto ás visitas, con desprazamentos aos xardíns de Campus Vida ou á exposición de Star Wars, a música e o cinema tamén estarán presentes, con concertos e sesións de visualización de series e películas, así como concursos de fotografía poética e curtametraxes, ou I Ciclo de Jazz Galego.