Ir o contido principal

Respighi, Borodin e Debussy nun concerto de verán da Orquestra do Espazo de Cámara da USC

Respighi, Borodin e Debussy nun concerto de verán da Orquestra do Espazo de Cámara da USC
Respighi, Borodin e Debussy nun concerto de verán da Orquestra do Espazo de Cámara da USC
Este venres en Samos e o sábado en Compostela

A Orquestra do Espazo de Cámara da USC volve aos escenarios esta semana para ofrecer dous concertos con igual repertorio que poñen o colofón aos encontros orquestrais que ao longo de todo o curso reuniron en Compostela músicos de toda Galicia. O concerto –con obras de Respighi, Borodin e Debussy– terá lugar este venres 11 ás 20.30 horas no Mosteiro de San Xulián de Samos e repetirase na Igrexa da Universidade, en Santiago, o sábado 12 á mesma hora. A entrada é libre ata completar o aforo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.07.2014.