Responsables da Universidade de Cádiz interésanse polos procesos de mellora da calidade desenvolvidos na USC
Os directores da Unidade de Avaliación e Calidade e do Gabinete de Ordenación Académica da Universidade de Cádiz, Manuel Macías García e José Ramón Repeto Gutiérrez, respectivamente, visitan estes días a USC para coñecer os distintos procesos que se están a desenvolver na Vicerreitoría de Calidade e Planificación.
Entre outras cuestións, na reunión que se celebra na Casa de Europa estase a analizar a planificación estratéxica e os sistemas de garantía de calidade, á vez que se trata a experiencia da USC na implantación e mantemento da norma ISO 9001:2000 da área académica.