Ir o contido principal

Responsables da Universidade de Santiago recibiron aos estudantes en folga

Catro vicerreitores da Universidade de Santiago recibiron hoxe a unha representación dos estudantes que esta mañá se manifestaron en contra da suba das taxas universitarias e dos postulados da Declaración de Bolonia. Na xuntanza estiveron presentes os vicerreitores de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández; de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Máximo Plo; de Cultura, Elías Torres; e de Economía e Financiamento, Miguel Vázquez.
Tras escoitar as reivindicacións dos estudantes, os responsables da USC explicáronlles a política de financiamento da Universidade e comprometéronse a abrir un espazo permanente de debate e diálogo no que participen todos os sectores universitarios para analizar aqueles aspectos de interese para a comunidade, nuns momentos no que o financiamento e a creación do Espazo Europeo son dúas das grandes preocupacións para todos os universitarios.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.10.2007.