Responsables de universidades moldavas visitan Compostela

Unha delegación de representantes de universidades moldavas atópase este martes 27 en Compostela no marco dun proxecto quen ten como obxectivo a modernización da ensinanza superior neste país do este europeo mediante a renovación dos métodos de aprendizaxe e a implementación de recursos experimentais de e-learning. O encontro forma parte das actividades do proxecto europeo ‘Creación de Redes Universitarias Temáticas de Ciencias Aplicadas e Económicas en Moldavia’ (CRUNT), do que forman parte nove universidades moldavas, dous ministerios deste país e outras universidades de diferentes estados da UE, entre as que se encontra a USC. Logo de visitar o Campus de Lugo na xornada o luns, a comitiva chegou a Santiago de Compostela onde logo de ser recibidos polo reitor Juan Casares e o vicerreitor Víctor Millet no Colexio de San Xerome asistiron a unha presentación do Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA), a cargo do seu subdirector Ceferino M. López. A xornada continuou cun percorrido por diversas emprazamentos dos campus Norte e Vida, ademais de unha visita ao edificio Emprendia.