Ir o contido principal

Responsables universitarios de toda España debaten en Políticas sobre o deseño de novos títulos e a avaliación de resultados

As Vicerreitorías de Calidade e Planificación e de Oferta Docente e EEES desenvolven este xoves unha xornada sobre o deseño de novos títulos e seguimento e avaliación de resultados enmarcada no programa ‘Encontros sobre Calidade na Ensinanza Superior’ da Aneca.
A xornada inaugurouna no salón de actos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais o reitor Senén Barro, para dar paso ao relatorio do coordinador de Innovación da Aneca, Eduardo García, titulado ‘O seguimento de títulos: implicacións e desafíos’. Deseguido interveu o director da Axencia pola Calidade do Sistema Universitario Galego (Acsug), Eduardo López Pereira, quen falou dos indicadores para o seguimento de títulos.
O obxectivo do encontro é coñecer cales han de ser as pautas de seguimento e os resultados clave que hai que considerar para demostrar a eficacia do deseño dos novos títulos unha vez que foron implantados. Para iso, na xornada participan expertos e responsables universitarios de toda España que debaterán co persoal das Unidades Técnicas de Calidade da USC acerca dos aspectos máis reseñables.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.10.2009.