Ir o contido principal

RESULTADOS DEPORTIVOS DA USC

O equipo de xuvenís da USC de Campo a Través tomou parte esta pasada fin de semana no Campionato de España que se celebrou en Haro (La Rioja) destacando a actuación de David Santos Domínguez, que acadou un meritorio 28º posto sendo este o seu primeiro ano na categoría. En total, participaron na proba 285 atletas.
Pista CubertaPor outra banda, no Campionato de España de Veteranos en Pista Cuberta en Zaragoza o atleta Xosé Luis Otero acadou o Campionato de España de 3000 ML na categoría M55.
Ademais, Rogelio Santos Laíño quedou 4º en triplo salto M35 e 5º en salto de lonxitude, mentres que Santiago Estévez Lado acadou un quinto posto en 3000 ML M50 e sétimo en 1.500.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.02.2010.