Ir o contido principal

RESULTADOS DEPORTIVOS DA USC EN JUDO E TENIS

JudoA Federación Galega de Judo convoca a Lorena Barros Barreiro, do Club USC, na categoría de +78 kg para participar como compoñente da Selección Galega na Fase Final do Campionato de España que terá lugar o 24/04/10 en Getafe (Madrid).
Ademais, na fase final do Campionato de España Universitario celebrado en Madrid este mes a deportista da USC Paula Vilacoba Sánchez acadou o bronce na categoría feminina de -57 Kg e Fernándo Ríos Nogueira o quinto posto en -81 kg.
Por último, Daniel González Jorge foi convocado para formar parte da Selección Galega de Judo no XII Gran Premio Internacional Teresa Herrera no que participarán deportistas de Galicia, España, Portugal, Alemaña e Austria.
TenisCampionato de Galicia por Equipos Alevíns Masculinos
O equipo de alevíns do club USC logrou unha nova vitoria, esta vez nas canchas do Club Escuela de Tenis Canabal en Mera. Os xogadores da USC impuxéronse por 4 a 1. Os puntos santiagueses lográronos Javier Romarís, Andrés Señarís e Diego Fiuza e o dobres formado por Romarís e Fiuza. A única derrota foi a de Andres Mahía que aínda así tivo opcións de impoñerse ao seu rival nun encontro moi disputado. Na vindeira xornada o USC visitará as canchas do Club de Tenis Coruña no Seixal.
Campionato de Galicia por Equipos Absolutos Masculinos
O equipo masculino de segunda categoría masculina do club USC xogábase o ascenso á 1ª categoría fronte ao Aeroclub de Santiago. A vitoria correspondeu á USC por 4-3. Os puntos lográronos Ian Vázquez, José María Giráldez e Eloy Tabeayo en individuais e a parella Giráldez-Tabeayo en dobres. Agora ao Club USC só lle resta xogar a final da segunda categoría fronte ao Círculo Mercantil de Vigo.
O equipo do Club USC "b" na súa peregrinaxe pola consolación da 5ª categoría masculina do Campionato de Galicia por equipos logrou unha cómoda vitoria, 0-5, fronte ao Club de Tenis A Tobeira en Nigrán. Os puntos foron de Martín Santamarina, Jaime Fernández, David Chaves e Roberto Cacabelos, que xogou polo ascenso do xogador Carlos Rivas ao equipo de segunda categoría do club. A vindeira xornada, que será a última, o USC visitará as canchas do Squash Club Santiago repetindo o encontro da primeira xornada na que se impuxo por un cómodo 4-1.
O equipo "c" perdeu fronte ao Club de Tenis Nigrán "b" por un claro 0-5. A vindeira xornada pechará a tempada visitando as canchas coruñesas da S.D. Hípica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.04.2010.