Ir o contido principal

Resultados dos equipos de tenis da USC no Campionato de Galicia por Equipos Absoluto Masculino

O equipo C do Club USC xogou na casa fronte ao Club de Tenis Gondomar B con vitoria dos locais por un rotundo 5 a 0. David Chaves, Marcos Mariño, Miguel Caamaño e Sergio Folgueira tamén lograron cómodas vitorias en individuais. A parella Mariño-Folgueira redondeou o 5-0. Na vindeira xornada este equipo visitará as canchas do Club de Tenis A Torre de Teo.
Por outra banda, o equipo do Club USC ‘B’ tamén visitou as canchas herculinas do Club Tenis Coruña para enfrontarse ao ‘C’ do club coruñés. A eliminatoria resolveuse por un axustado 3-2. O encontro decisivo foi o partido de dobres, no que a parella coruñesa gañou a Carlos Rivas e Martín Santamarina. Anteriormente o Club USC lograra os dous puntos coas vitorias en individuais de Carlos Rivas e Jaime Fernández. Na vindeira xornada o equipo visitará as canchas do Club Tenis Aldea Nova en Ames.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.03.2010.