Ir o contido principal

O reto '1.000 km contra el Cáncer' chegou este mércores a Santiago tras 28 días de carreira

A Orellana recibiuno unha comitiva na que participaron os reitores de Santiago, Granada, Sevilla e Málaga ademais de representantes do Concello compostelá e de AECC
A Orellana recibiuno unha comitiva na que participaron os reitores de Santiago, Granada, Sevilla e Málaga ademais de representantes do Concello compostelá e de AECC

Juan Pedro Orellana, principal protagonista de “1.000 km contra el Cáncer”, alcanzou este mércores a súa meta na praza do Obradoiro compostelá, onde o recibiu un comitiva encabezada polo reitor Juan Viaño e os seus homólogos de Granada, Sevilla e Málaga. Na recepción ante as portas da Reitoría da USC tamén participaron a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago, Concepción Fernández, e o vicepresidente da AECC en Santiago de Compostela, Antonio Guerrero Melguizo, ademais dun grupo de máis de medio cento de persoas procedentes de Cádiz e Granada.

Orellana, que puido superar un cancro, percorreu dende Xerez da Fronteira ata Santiago reivindicando que a sociedade española destine máis inversión á ciencia en xeral e particularmente, á investigación que loita contra o cancro. O seu empeño, en concreto, é captar recursos para unha liña de investigación da Universidade de Granada, desenvolvida pola Cátedra Doutores Galera e Requena de Investigación en Células Nai Canceríxenas.

O final dos 28 días de carreira e máis de 1.000 km de recorrido, dende Xerez ata Santiago, culminou coa entrega aos reitores dunha declaración na que o corredor e o seu equipo de apoio expresarán a súa percepción do sentir das xentes da ruta ante a loita contra o cancro.

Juan Pedro Orellana alcanzou a praza do Obradoiro despois de 28 días de percorrido

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.09.2016.