Ir o contido principal

Reunión do Consello de Goberno da USC

O Consello de Goberno da USC reúnese este martes 7 para tratar en sesión ordinaria diversas cuestións referidas ao persoal universitario, á organización departamental e académica e á modificación de normativas que afectan ao alumnado. A xuntanza será a partir das 11.00 no Salón Reitoral de San Xerome.

En materia laboral, este órgano de goberno someterá a votación, entre outras cuestións, a modificación da RPT de PAS e a OPE de 2016, os cambios de dedicación e mobilidade do PDI, as licenzas por permiso sabático, as prórrogas de contratos para determinado profesorado ou as prazas de PDI correspondentes á planificación do curso 2016-2017 así como a modificación da RPT derivada desta.

Por outra banda, o Consello de Goberno estudará unha proposta de concesión dunha oportunidade extraordinaria de recuperación para o alumnado que cursou materias nos plans de estudos en extinción polo grao.

As memorias de cursos de posgrao, a creación de posgraos propios, a modificación da normativa de IV Ciclo ou a creación das cátedras do Pan e do Cereal e de Educación Médica USC-Semergen son outras cuestións que completan a orde do día da xuntanza.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.06.2016.