Ir o contido principal

Reunión do Consello de Goberno da USC

O Consello de Goberno da USC reunirase este martes 22 no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, ás 9:30 horas en primeira convocatoria e ás 10:00 horas en segunda. Na xuntanza, na que se comezará informando da situación económica da institución, trataranse diversas cuestións como a modificación da RPT de PAS, prazas de PDI, un acordo sobre a prórroga extraordinaria de contratos de profesorado asociado, o nomeamento e prórrogas de docentes/investigadores ad honorem ou o cambio de denominación do Máster Universitario en Industria e Investigación Química.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.07.2014.