A revista científica Estudos Eurorrexionais sairá á luz nas vindeiras semanas

A dirección da Fundación CEER e membros do consello editorial da Revista científica de Estudos Eurorrexionais reuníronse a pasada semana na Reitoría da USC para ultimar os detalles da publicación que verá a luz nos vindeiros días.
Á xuntanza asistiron o director da Fundación CEER e profesor da USC Carlos Ferrás Sexto; o director da revista Estudos Eurorrexionais e pro-reitor da Universidade de Tras-os-Montes, Pedro Melo; o secretario da revista e profesor da Universidade da Coruña, Félix Blázquez; e os profesores da Universidade da cidade herculina Jesús López e José López.
Os asistentes definiron na reunión o deseño da sección web da revista, dispoñible na páxina web da Fundación CEER, onde calquera usuario poderá ter acceso aos artigos e textos completos da revista publicada en formato papel e do Boletín Estudos Eurorrexionais, só publicado en versión dixital. A este respecto, Estudos Eurorrexionais convida á comunidade universitaria a participar no seu desenvolvemento co envío de artigos, notas, recesións ou valoracións críticas de libros ou documentos científicos a través dun sistema telemático Open Conf para ser publicados.
Outras das cuestión acordadas na xuntanza foron os puntos estratéxicos para fomentar o intercambio científico e a distribución do primeiro número da publicación entre a comunidade universitaria de Galicia e o norte de Portugal.