Unha revista conmemora o X aniversario da creación da Escola de Relacións Laborais de Lugo
Con motivo da celebración do X aniversario da creación da Escola de Relacións Laborais de Lugo, este mércores 25 presentarase a revista conmemorativa deste evento elaborada polo centro.
Esta publicación, que nace con intención de continuidade, foi elaborada polos profesores da Escola coa colaboración de diversas entidades. O seu obxectivo é transmitir en que consiste esta titulación relacionándoa coa evolución que tivo dende Graduado Social á denominación actual.
A revista, que será presentada no Salón de Graos da Escola, ás 11:00 horas, recolle tamén información sobre a profesión e as funcións que desenvolve un diplomado na empresas. Así mesmo, inclúe experiencias de antigos alumnos e unha enquisa sobre o coñecemento da titulación e das distintas actividades que se realizan ao longo do ano.
A presentación estará a cargo do presidente da Fundación Campus, Alfredo Mosteirín e de representantes das entidades colaboradoras.