Ir o contido principal

A revista The European Journal of Psychology Applied to Legal Context acadou o cuartil 1 do Journal Citation Report por Factor de Impacto

Ramón Arce
Ramón Arce

A revista The European Journal of Psychology Applied to Legal Context (EJPALC) acadou o cuartil 1 (Q1) no relativo a Factor de Impacto no Journal Citation Report (JCR). Esta é unha publicación que dirixe o profesor Ramón Arce, tamén director da Unidade de Psicoloxía Forense, e cuxa creación liderou en 2009 xunto a un elenco de investigadores internacionais de referencia no eido da psicoloxía legal. Esta é unha publicaicón vinculada ás titulacións de Máster de Psicoloxía do Traballo, Xurídica-Forense e Intervención Social, así como ao programa de doutoramento en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Xurídica Forense e do Consumidor e Usuario. A publicación logrou en tan só cinco anos colocarse entre as máis prestixiosas publicacións científicas do mundo. Como revista oficial da Sociedade Española de Psicoloxía Xurídica e Forense e da Asociación Iberoamericana de Xustiza Terapéutica que é, publica artigos empíricos, estudos teóricos e revisións que abordan temáticas relacionadas coa psicoloxía e a lei. Neste mesma liña, no ano 2013 xa obtivera uns excelentes resultados de impacto no Journal Citation Report conseguindo colocarse no cuartil 1 (Q1) no Inmediacy Index e no segundo (Q2) no Impact Factor. A publicación diríxese a persoal investigador, académico e profesionais de psicoloxía, dereito, traballo social, ciencias forenses, educación e, en xeral, aquelas disciplinas relacionadas coas ciencias Sociais e a lei.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.06.2015.