Ir o contido principal

A Ribeira Sacra e Bergantiños, novos destinos das rutas de sendeirismo da USC

A Área de Deportes, dependente da Vicerreitoría de Cultura da USC, organiza para o mes de xuño dúas rutas de sendeirismo que transitarán pola Ribeira Sacra e Bergantiños.
A primeira das rutas, que será o sábado 14, terá unha lonxitude de 15 quilómetros aproximadamente. A dificultade será media-alta e o desnivel de baixada forte. Xa o sábado 28 terá lugar pola zona de Bergantiños o segundo traxecto que contará con 19 quilómetros de desnivel medio-baixo e dificultade media.
A inscrición nas rutas, cuxo prazo estará aberto ata o mércores anterior á súa celebración, formalizarase nas Oficinas da Área de Deportes emprazadas na Piscina Universitaria, no correo electrónico deporsec [at] usc.es (deporsec[at]usc[dot]es) ou nas extensións telefónicas 15070, 15071, 15072, 15073 ou 15076.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.05.2008.