Ir o contido principal

A Royal Society abre o seu Arquivo Histórico en acceso libre dende a rede

A Royal Society acaba de abrir de forma permanente e en acceso libre dende a rede o seu Arquivo Histórico poñendo a disposición das persoas interesadas arredor de 60.000 artigos científicos históricos. Esta sociedade é unha comunidade dos científicos máis eminentes do mundo é a máis antiga academia científica. Os seus primeiros traballos de divulgación da ciencia remóntanse ao ano 1.665 coa edición da Philosophical Transactions of the Royal Society, considero o primeiro xornal científico do mundo. Con esta decisión, a Royal Society pon a disposición do público, en formato dixital a través da rede, os seus tesouros, como o primeiro artigo científico publicado por Isaac Newton; traballos xeolóxicos de Charles Darwin no seus inicios; ou reflexións de Benjamin Franklin sobre os seus experimentos eléctricos, entre moitos outros. Máis información en: http://royalsociety.org/news/Royal-Society-journal-archive-made-permanently-free-to-access/

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.11.2011.