Ir o contido principal

A Ruta ao Mundo da Endocrinoloxía Pediátrica Iberoamericana reúnese na Facultade de Medicina da USC

120 profesionais da endrocrinoloxía procedentes de Portugal, México, Brasil, Colombia, Arxentina, Costa Rica, Cuba, Chile e España participarán dende este xoves 23 e ata sábado 25 na Aula Castelao da Facultade de Medicina da USC III Ruta ao Mundo da Endrocrinoloxía Pediátrica Iberoamericana. É un encontro que co presiden o profesor de Pediatría Manuel Pombo e o doutor Raúl Calzada, do Hospital de Niños da cidade de México. O reitor Juan Viaño presidirá a inauguración este xoves 23 ás 17.00 horas, estando prevista a asistencia da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera; do decano da Facultade, Juan Gestal; do director xeral de Sandoz España, Joaquín Rodrigo; e dos coordinadores do encontro. A conferencia inaugural correrá a cargo do presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, José Carro Otero, que desenvolverá o tema ‘Antoloxía histórica, española, de casos pediátricos singulares’. Ao longo da xuntanza trataranse aspectos actuais relacionados coa patoloxía tiroidea, a xenética molecular, o crecemento, as suprarrenais y as alteracións do metabolismo. Ademais, no transcurso da xuntanza realizarase unha sesión de recoñecemento e entrega de diploma aos doutores Ángel Ferrández, Pedro Martul e Enric Vicens pola súa contribución excepcional ao desenvolvemento da especialidade en España e imporase a insignia de ouro da Ruta ao doutor Raúl Calzada de México polos seus méritos no ámbito da endocrinoloxía pediátrica iberoamericana. Esta xuntanza internacional, de carácter anual, conta co apoio dos laboratorios Sandoz.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2015.