Ir o contido principal

Nova ruta de sendeirismo para esta fin de semana

Transitarán por Carboeiros en Castrelo do Val

A Área de Deportes, dependente da Vicerreitoría de Cultura da USC, organiza para este sábado, día 10, unha nova ruta de sendeirismo que transitará por Carboeiros en Castrelo do Val.
O traxecto, que ten unha lonxitude de 17 quilómetros aproximadamente, conta cun desnivel e dificultade medio. Por outra banda, advírtese que a ruta prevista para o sábado 24 e domingo 25 de maio por Riaño queda suspendida por falta de aloxamento.
A inscrición, cuxo prazo mantense aberto ata o mércores 7, formalizarase nas Oficinas da Área de Deportes emprazadas na Piscina Universitaria, no correo electrónico deporsec [at] usc.es (deporsec[at]usc[dot]es) ou nas extensións telefónicas 15070, 15071, 15072, 15073 ou 15076. O prezo para os membros da comunidade universitaria é de 15 euros e para o resto de 20 euros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.05.2008.