O Salón Nobre de Fonseca acolle a entrega dos Premios ‘Rosalía de Castro’ do Centro PEN de Galicia
O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acollerá este mércores, ás 20.00 horas, a entrega da décima edición dos Premios ‘Rosalía de Castro’ do Centro PEN de Galicia. O reitor presidirá o acto no que se premiarán os traballos de catro autores en lingua castelá, portugués, catalán e vasco, Claudia Piñeiro, Artur Carlos Maurício Pestana dos Santos (Pepetela), Antoni Serra e Kirmen Uribe Urbieta, respectivamente. Trátase dun acto aberto a tódolas persoas integrantes dos distinto colectivos da Universidade e a tódas as que teñen interse polo tema. O xurado estivo formado por Luís González Tosar (presidente), Miro Villar (secretario), Marilar Aleixandre, Bieito Iglesias, Xosé Lois García e Xabier Castro Martínez.