Ir o contido principal

Santiago será sede, por primeira vez en España, das Nerd Nites, encontros que combinan ocio nocturno e coñecemento

Charlar sobre política, medicina, literatura, arte, física ou matemáticas en locais nocturnos de ocio. Unha orixinal proposta nacida hai anos en Estados Unidos e á que agora se suma Compostela, a primeira cidade española que organizará as Nerd Nites. Nerd é o acrónimo en inglés de Non-Emotionally-Responding Dude (persoa de pouca resposta emocional), individuos que fusionan as súas paixóns coa súa vida dando lugar a unhas personalidades peculiares. As Nerd Nites aglutinarán cada noite nun local de ocio da cidade tres charlas de 15 minutos sobre temáticas completamente diferentes pero coa clave común da sinxeleza de conceptos e contidos.

O programa desta orixinal proposta preséntase este mércores 12 ás 11.00 horas no Kunsthalle (Rúa da Conga, 8) nunha rolda de prensa na que participan o vicerreitor de Cultura, Francisco Durán; a investigadora da USC Alexandra von Kameke e o profesor Jorge Mira, con presenza de varios dos conferenciantes e organizadores.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.09.2012.