'SCCB. Santiago de Compostela Convention Bureau' preséntase no CEA
O vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Lourenzo Fernández Prieto, e o concelleiro de Turismo de Santiago de Compostela, Francisco Candela Castrillo, presentan este xoves, día 15, SCCB. Santiago de Compostela Convention Bureau. A presentación terá lugar ás 19:00 horas na Sala de Debates do Centro de Estudos Avanzados da USC (Parque Vista Alegre, Rúa Salvadas s/n).
O SCCB, organismo municipal de promoción de Santiago de Compostela como cidade de congresos e convencións, presentará neste acto á comunidade universitaria os servizos e facilidades que ofrece aos posibles organizadores de eventos, tanto desde o punto de vista institucional coma do práctico, para que o evento universitario que teña lugar na cidade acade o máis alto grao de profesionalidade e calidade.