Ir o contido principal

A Secretaría de Estado de Igualdade e a USC explican o Proxecto Innovatia 8.3 para fomentar o empresariado feminino no ámbito científico-tecnolóxico

O reitor da USC, Juan Casares, e a secretaria de Estado de Igualdade, Laura Seara, presentan na tarde deste luns 24 as principais liñas de acción do convenio de colaboración para desenvolver o Proxecto Innovatia 8.3 dirixido a fomentar o empresariado feminino no ámbito científico-tecnolóxico e a crear un modelo de intervención que integre a perspectiva de xénero nos procesos de transferencia de coñecemento e no proceso de creación de empresas de base tecnolóxica. O acto será ás 17.00 horas no Salón Reitoral de San Xerome.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2011.