Ir o contido principal

A sectorial TIC da CRUE celebra estes días unha nova xuntanza

O director da Área TIC da USC, Javier Franco, asiste en Santander a unha nova xuntanza da Comisión Sectorial da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas sobre as Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CRUE-TIC).
Na primeira xornada, prevista para este luns 29, o encontro comezou coa presentación do informe anual do grupo sobre a situación das novas tecnoloxías no sistema universitario español (Universitic 2009), para continuar cunha serie de presentacións de red.es, RedIris e do Consello de Directores de Información das universidades de Australia.
O programa para o martes 30 botará a andar cunha análise ao redor do desenvolvemento de Tuenti en España como mostra dunha experiencia de éxito no eido das redes sociais españolas. Os temas de análise que se debaterán a continuación xirarán ao redor dos riscos xurídicos e responsabilidade nas redes sociais e sobre as tecnoloxías, ferramentas, dificultades e estudo de custes para implantar unha rede social universitaria. Un representante da Garda Civil referirase a continuación aos delitos telemáticos en Internet nas redes sociais nas universidades. O encontro rematará na tarde do martes coa celebración dunha mesa redonda sobre casos prácticos propostos polas distintas universidades membros para o seu debate colectivo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.06.2009.