Ir o contido principal

Un seminario aborda de xeito multidisciplinar a información relativa aos medicamentos

A inscrición pódese formalizar ata o día 15 de novembro

O Departamento de Físico-Química da USC organiza un seminario de Estudos e Información do Medicamento –Aula Infomed co obxecto de dar a coñecer, dende un punto de vista multidisciplinar, a información relativa ao medicamento. Deste xeito, o programa abarca diferentes áreas de influencia, dende a sanitaria, pasando pola Empresarial ata acabar coa Legal. Serán un total de catro créditos de libre configuración certificados pola USC e dirixido a estudantes de calquera titulacións da USC, así como a profesionais de distintos sectores relacionados co medicamento.
O curso desenvolverase todos os martes de 19:00 a 22:00 horas, entre o 27 de outubro e o día 15 de xuño de 2010. A súa metodoloxía xirará arredor de conferencias impartidas por especialistas de cada un dos sectores e temas recollidos no programa. Tamén se celebrarán mesas redondas nas que se debaterá con especialistas nos temas propostos.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de novembro. Todas as persoas interesadas en acadar máis información teñen a súa disposición a web http://usuarios.lycos.es/aulainfomed.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.10.2009.