Ir o contido principal

Seminario no CiMUS sobre os cancros transmisibles como modelo para estudar esta enfermidade

O investigador Michael Metzger, do Pacific Northwest Research Institute (Seattle, USA), imparte este mércores 16, ás 13.00 horas no CIMUS da USC, un seminario sobre os cancros transmisibles.

O laboratorio de Metzger céntrase na investigación da intersección entre a xenómica, o cancro e a evolución das interaccións hospedador-patóxeno. Durante a súa formación postdoutoral no Goff Lab da Columbia University iniciou un proxecto buscando un novo retrovirus, que se supuña era o causante dos brotes de cancro nas soft-shells (ameixa de Nova Inglaterra). En vez diso, descubriu que os xenomas das células neoplásicas non coincidían cos dos seus anfitrións, e que as células cancerosas de diferentes individuos eran, de feito, case idénticas. Isto significaba que estes cancros foran transmitidos de animal a animal como un cancro transmisible clonal, o cal foi inesperado pero moi emocionante. O cancro non é normalmente contaxioso, e os outros únicos casos disto son os transmisibles nos demos de Tasmania e nos cans.

O seu grupo estuda estes cancros transmisibles como un modelo para entender as presións selectivas que dirixen a evolución do cancro e para identificar os mecanismos polos que algunhas poboacións se volveron resistentes a el.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.05.2018.