Un seminario en Dereito analizou os últimos acontecementos arredor do Sáhara Occidental
O Centro de Estudos sobre o Sáhara Occidental da USC (CESO) debateu os últimos desenvolvementos do conflito desta rexión coa intervención de cinco relatores que abordaron diversos aspectos da situación, con especial atención á crise en Guerguerat que desembocou no fin do alto o fogo mantido nos últimos 29 anos e a declaración do presidente norteamericano Trump avalando a anexión ilegal do Sáhara Occidental.
O programa da sesión arrancou coa intervención de Roberto Barral Blanco, do CESO-USC, analizando a crise de Guergerat dende a perspectiva dos dereitos humanos. Outro das cuestións recollidas foi a estabilidade da Repúplica Saharaui e as posicións de Marrocos e do Frente Polisario ante a reanudación da guerra do Sáhara. Yolanda Blanco Souto, doutoranda e membros de CESO, examinou os aspectos económicos subxacentes nesta crise, en particular a importancia da estrada que cruza o enclave para acceder ao mercado da Comunidade de Estados do África Occidental. Posteriormente, Claudia Gallego considerou a repercusión que ten a declaración do presidente norteamericano sobre o estatuto de España como administradora do Territorio do Sáhara Occidental.
Pechou a xornada o seminario, o director de CESO, o profesor Carlos Ruiz Miguel, expoñendo as causas e consecuenccias da iniciativa de Trump para recoñecer a soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental, “unha iniciativa que non só liquida a posición mantida ata agora polos Estados Unidos ante o conflito senón tamén o sistema de Dereito Internacional establecido tras a Segunda Guerra Mundial.