Seminario en Historia sobre os parques eólicos en propiedades comunitarias galegas
O doutor en economía aplicada da Universidade de Vigo Damián Copena Rodríguez impartirá este venres na USC o seminario ‘Impactos económicos e sociais dos parques eólicos en propiedades comunitarias: Análise do caso Galego’, organizado por Histagra. Será ás 12:00 horas na Aula de Máster Contemporánea na Facultade de Historia.
A enerxía eólica ten experimentado un forte desenvolvemento en áreas rurais do territorio galego, principalmente en terreos de propiedade comunitaria. No seminario analizaranse os principais impactos derivados da implantación desta nova actividade económica, no período que vai desde o ano 1995 ata a actualidade.
Damián Copena, actualmente contratado postdoutoral en Lisboa, desenvolve os seus traballos en colaboración co Grupo de investigación GIEEA. Entre eles destacan Guia para os propietarios de terreos eólicos, FAVUM. O lugar da cera e Centro de Interpretación da ceraría de Paraños (Covelo).