Ir o contido principal

Seminario na USC para mellorar o traballo en equipo

A capacidade de traballo en equipo é actualmente unha das competencias máis valoradas nos procesos de selección de persoal e no ámbito profesional. Por esta razón, a USC organiza para os días 26 e 27 de abril un seminario que profunda na metodoloxía Belbin de roles de equipo. Ametodoloxía Belbin permiteidentificar as fortalezas e debilidades en termos de comportamento dentro dun equipopara así coñecer os aspectos que se deberían mellorar para aumentar a eficacia e contribucióná empresa. Co aprendido no curso búscase fortalecer a organización mediante un programa que favoreza o funcionamento de equipos de traballo eficaces. Esta acción formativa diríxese a persoal de empresas de base tecnolóxica, profesionais de unidades de transferencia de tecnoloxía e promoción tecnolóxica e persoal investigador universitario. O curso impartirao a psicóloga María González Fernández, especialista acreditada no uso da metodoloxía Belbin de traballo en equipo aplicada a diferentes ámbitos da xestión de Recursos Humanos, especialmente en selección e optimización de equipos de traballo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.04.2012.