Os seminarios Histagra 2014 rematan o curso tratando o recrutamento obrigatorio na Guerra Civil
O grupo de investigación Histagra celebra este venres 13 o seu derradeiro seminario de investigación do presente curso, un debate sobre Soldados a la fuerza. Reclutamiento obligatorio durante la Guerra Civil, 1936-1939, obra de James Matthews. A xornada celebrarase a partir das 12.00 horas na Aula de Máster do Departamento de Historia Contemporánea coa presenza do autor do libro, doutor en Historia de España pola Universidade de Oxford e na actualidade Marie Curie Intra European Fellow no Centre for War Studies do University College Dublin. Logo da presentación que realizará o propio James Matthews, os investigadores do grupo Histagra Aurora Artiaga e Francisco Leira realizarán unha valoración do tema proposto dando paso á réplica do autor e ao debate colectivo.