Ir o contido principal

Sendeirismo pola Costa de Dexo para estudantes da USC

Sendeirismo pola Costa de Dexo para estudantes da USC
Sendeirismo pola Costa de Dexo para estudantes da USC

O Servizo de Deportes da USC organiza para o vindeiro sábado 7 de novembro unha ruta de sendeirismo pola Costa curuñesa de Dexo, espazo protexido como Monumento Natural, dirixida a todo o alumnado da USC.

Cun custe de 14 euros, a ruta comezará cunha visita ao Castelo de Santa Cruz, actual sede do CEIDA, para logo dirixirse en autobús ata Mera desde onde partirá o percorrido a pé. Son aproximadamente 12 quilómetros con dificultade e desnivel baixos.

Para inscribirse nesta actividade é preciso estar dado de alta como usuario de Deportes da USC para este curso académico. A inscrición farase na Piscina Universitaria (1º Andar) de 9.00 a 14.00 horas, nos teléfonos 881 815 071 – 881 815 073 ou a través da páxina web.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.10.2015.