Sendeirismo polo parque natural de Somiedo
A Universidade de Santiago organiza do 25 ao 28 de xullo unha actividade de natureza no parque asturiano de Somiedo. Con Pola de Somiedo como referencia, realizaranse diversas rutas de sendeirismo pola zona, de dificultade variable e moderada, coa fin de coñecer un dos espazos protexidos que mellor representa os valores naturais e etnográficos de Asturias. As inscricións para participar nesta actividade de verán rematarán o 17 de xullo, xornada na que haberá unha reunión informativa, e deberán formalizarse na Oficina de Deportes (Piscina Universitaria) ou a través da páxina web.