Ir o contido principal

Senén Barro inaugurará este venres a Estación Científica do Courel

O reitor en funcións da USC, Senén Barro, inaugurará este venres 11 ás 13:00 horas a Estación Científica do Courel (ECC), o primeiro centro deste tipo que se crea no sur da provincia de Lugo.

A Estación Científica, construída en terreos de Seoane do Courel cedidos polos veciños á USC, dotará aos investigadores das instalacións e os equipos precisos para desenvolver os seus proxectos nas diferentes áreas relacionadas coa montaña luguesa.

A inauguración das novas instalacións contará coa participación do escritor e naturalista asturiano Benigno Varillas, que impartirá unha conferencia sobre a conservación da natureza e o futuro do mundo rural.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.06.2010.