Ir o contido principal

O Servizo de Deportes abre a inscrición nas prazas vacantes das actividades físico-deportivas

As prazas vacantes poden consultarse na web do Servizo de Deportes. FOTO: Santi Alvite
As prazas vacantes poden consultarse na web do Servizo de Deportes. FOTO: Santi Alvite
A partir do 1 de decembro, está previsto que tamén se amplíe o número de prazas ofertadas de acordo co que en cada momento establezan as autoridades sanitarias
Lugo, Santiago de Compostela

Dende este luns 22 de novembro, o Servizo de Deportes mantén aberta a inscrición nas prazas que queden vacantes. Aquagym,  natación e actividades acuáticas, aeróbic, atletismo, circuit training, CORE,  estiramentos e flexibilidade, GAP + ton, hipopresivos,  ioga,  mindfulness,  pilates,  step, ximnasia terapéutica e zumba son as actividades ofertadas en Santiago de Compostela; mentres que autodefensa, GAP, hipopresivos,  ioga, mantemento + aeróbic+ step,  pilates,  running, voleibol mixto, ximnasia de mantemento e zumba integran a programación do Campus de Lugo. As prazas vacantes poden consultarse na web do Servizo de Deportes.  

Ademais, a partir do 1 de decembro, data de inicio de actividades, está previsto —sempre de acordo coas restricións establecidas en cada momento polas autoridades sanitarias— que se amplíe o número de prazas nas actividades físico deportivas dirixidas, dada a evolución da pandemia e á entrada en vigor de novos protocolos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.11.2021.