O Servizo de Deportes amplía a oferta estival con cursos de natación e tenis no mes de xullo
Ás actividades que o Servizo de Deportes organiza de xeito intensivo durante o verán, engadiranse no mes de xullo tres novas propostas deportivas de natación e tenis federado e un campus de tecnificación, tamén de tenis.
O curso de natación federada, de carácter intensivo, celebrarase entre o 1 e o 28 de xullo en horario de 10 a 13 horas cun prezo de 30 euros. Pola súa banda os dous previstos de tenis terán lugar do 1 ao 29 de xullo, de luns a venres en horario de 10.30 a 13.30 no caso do de tecnificación, e o de tenis federado de 9.00 a 10.30 horas.