O Servizo de Deportes organiza unhas xornadas de portas abertas do 17 ao 28 de setembro

Do 17 ao 28 de setembro, a comunidade universitaria poderá coñecer de primeira man as actividades organizadas polo Servizo de Deportes nos Campus de Santiago e Lugo de xeito gratuíto e libre. Será a través das xornadas de portadas apertas, coa excepción de natación, tenis e rugby, así como o grupo de zumba de luns e mércores. As persoas interesadas poden consultar os lugares e horarios de seguimento na web.
Esta iniciativa coincidirá coa celebración os días 20, no que tamén se conmemora o Día Internacional do Deporte Universitario, e 26 dunha planificación extraordinaria de actividades deportivas a maiores da programación ordinaria: na xornada do 20 está prevista de 18.30 a 19.30 horas da sesión Xogamos a atletismo e de 20.00 a 21.00 horas dunha sesión de Zumba+Gap. O mércores 26, as persoas interesadas poderán participar de 20.00 a 21.00 horas doutra xornada de Zumba+Aerobic.
Nos casos dos grupos nos que o aforo estea completo, poderase observar o desenvolvemento da sesión e facer as consultas oportunas ao persoal responsable de cada actividade.