O Servizo de Deportes programa un percorrido por diversos puntos de Picos de Europa como actividade extraordinaria de verán
Os Picos de Europa son o destino dunha nova actividade que o Servizo de Deportes da USC vai organizar este verán entre os días 21 e 25 de xullo, concretamente na localidade de Espinama (Cantabria). Con saída no sábado 21 de xullo, as persoas que se inscriban sairán de Santiago, incluíndo nesta primeira xornada unha pequena ruta na costa de Asturias. Entre os días 22 e 24, están previstas diversas rutas polo Parque Nacional dos Picos de Europa, por zonas de Áliva, Fuente Dé, Horcados Rojos e algúns bosques da zona. O programa, cuxa información en detalle se dará a coñecer en datas próximas, rematará cunha visita cultural e a viaxe de volta. As inscricións xa se poden realizar nas oficinas do Servizo de Deportes na Piscina Universitaria ou tamén a través da páxina web do Servizo (http://www.usc.es/gl/servizos/deportes/).