Ir o contido principal

O Servizo de Deportes da USC propón unha ruta en xullo polos Picos de Europa

Espinama, na zona cántabra do Parque Nacional dos Picos de Europa, será o destino dunha actividade que para finais de xullo organiza o Servizo de Deportes da USC. A inscrición continúa aberta. Trátase dunha ruta de sendeirismo de cinco días -do 21 ao 25 de xullo- por unha zona de alto valor natural, cultural e paisaxístico. A viaxe inclúe o transporte ata a zona, o aloxamento en media pensión e os desprazamentos diarios no autobús para facer as rutas, que se farán en compañía de dous monitores.

O primeiro día do programa, o 21, aproveitarase para facer unha pequena e interesante ruta na costa de Asturias antes de chegar a Espinama. As seguintes tres xornadas faranse camiñadas polas zonas de Áliva, Fuente Dé e Horcados Rojos, e a viaxe de regreso inclúe unha visita cultural.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.06.2012.