Sesión extraordinaria do Consello de Goberno da USC
O Consello de Goberno da USC reúnese na tarde deste luns, 21 de xuño, en sesión extraordinaria para tratar, a partir das 17:30 horas no Colexio de San Xerome, tres únicos puntos na súa orde do día. As comisións de selección de prazas de PDI funcionario, a modalidade semipresencial para o Máster universitario en profesorado en ESO; FP e Ensino Secundario e os cursos de posgrao propio serán as cuestións a debater.