Sesión ordinaria do Claustro Universitario
O Valedor da Comunidade Universitaria presentará este xoves 22 o seu informe correspondente ao curso 2015-2016 na sesión ordinaria do Claustro Universitario que se desenvolverá a partir das 9.30 horas (primeira convocatoria) no salón de actos da Facultade de Medicina. Será retransmitida en directo por http://tv.usc.es/directo.html.
Na mesma sesión someterase a aprobación unha modificación no Estatuto de Valedor para incorporar a suplencia temporal no exercicio das súas funcións e un acordo da Comisión de Desenvolvemento Estatutario sobre os encargos docentes ao persoal investigador por obra ou servizo e outros investigadores contratados.